Novela narrada en primeira persoa pola súa protagonista feminina. Ela é unha adolescente que vai realizar unha viaxe iniciática na que a aventura exterior é paralela ó cambio interior que a converterá en muller adulta.
A historia desenvólvese nun mítico marco espacio-temporal, e as aventuras da protagonista e os seus compañeiros teñen como finalidade liberar ó seu país da pasividade na que, por temos á morte, se renuncia á vida plena. As duras batallas que se libran teñen como obxectivo a recuperación da memoria histórica e a identidade como pobo.
Non falta nesta historia o compoñente máxico, como un elemento máis da vida dos heroes que a protagonizan.
O país de Glearim ten a particularidade de que tódolos seus habitantes orixinarios dormen seguido. No pasado fóralles concedido o don de non morrer mentres durmían e foron durmindo cada vez máis tempo por mor de ser eternos. Este feíto estaba instigado polo rei, un descendente "garavanzo negro" da familia, que asumiu o trono porque o vinculeiro non o quixo. Aurora, a protagonista, forma parte da "resistencia" e marcha en busca de Val, un compañeiro de xogos ó que non ve hai tempo e que lle dixera que fose onda el cando non soportase a situación, seguindo tamén instruccións da súa tía, que lle encomendou a procura do Sabeluchar. Toma contacto con Val e decátase de que é posuidora dun segredo que lles permitirá a todos libera-lo país durminte dese estado. Despois de organiza-la ofensiva coa axuda dun vello, que resulta se-lo vinculeiro da coroa e ó que ninguén lle soubo o nome máis ca ela, conseguen liberar tódalas cidades do país e facerse co Sabeluchar, que viñan se-los libros que gardaban a historia do país.
Cando che pareza que xa non podes máis, baixa a Fraga Mesta a reunirte comigo"istas palabras dixollas Val a Aurora. Aurora coñece un segredo para comeza-laloita e poder espertar a Glearim. As xentes de Glearim nunca morren mentres durmen, por iso teñen medo a estar espertos.Pero tamén hai outras xentes como Aurorae Val, que non renuncian a vivir e non querenque ninguén escriba por eles o seu destinonin a súa historia.