Inicio Bibliografía Enlaces
Publicacións
Individuais
Colectivas

Roxelio e a couza / A casa do porco bravo




Título orixinal:

Autor:

Ilustrador:

Ano e lugar da 1ª edición:

Editorial:

Colección:

Lingua de publicación:

Lingua orixinal:

Núm. Páx.:

ISBN:

Roxelio e a couza / A casa do porco bravo

Xabier P. Docampo

Ánxeles Ferrer

Vigo, 1991

Edicións Xerais de Galicia, S.

Vouche contar un conto

Galego

Galego

20 p.

978-84-7507-593-8

Resumen:

Xabier P. Docampo preséntanos dúas historias que teñen como protagonistas aos animais: Roxelio e a couza conta un encontro entre un neno e un bechiño, unha couza, que vive alimentándose da madeira, e como xorde entre eles unha relación de complicidade; A casa do porco bravo narra unha historia de familia na casa dos xabaríns cando se presenta unha situación de emerxencia. Mentres o pai e a nai discuten sen chegar a ningún acordo, son as crías, as pequenas bacoriñas, as que atopan unha solución práctica.

O autor emprega unha linguaxe sinxela para contar estas historias lineais, que resultan, polo momento, as máis axeitadas para nenos e nenas pequenos. As ilustracións, moi persoais, foron feitas por unha ilustradora ata agora descoñecida: Ánxeles Ferrer.

| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |