Inicio Bibliografía Enlaces
Publicacións
Individuais
Colectivas

A nena de auga e o príncipe de lume




Título orixinal:

Autor:

Ilustrador:

Ano e lugar da 1ª edición:

Editorial:

Colección:

Lingua de publicación:

Lingua orixinal:

Núm. Páx.:

ISBN:

A nena de auga e o príncipe de lume

Xabier P. Docampo

Xosé Cobas

Vigo, 1989

Edicións Xerais de Galicia, S.

Merlín.

Galego

Galego

56 p.

978-84-9782-267-1

Resumen:

Unha vez era un río no que vivía unha nena de auga e un día pasou por alí un príncipe de lume. O seu amor era imposible, ó seren de auga e lume. "Mando a distancia" Aleixandre descobre que o mando a distancia do seu televisor ten poderes extraordinarios. Lévao á escola e deixa parado ó abusón da escola, cambia a clase de matemáticas pola de debuxo, báixalle-la voz ós profesores... "Mouriño" Mouriño é un verme. Os ourizos queren acabar con el e procuran a axuda dunha pega. Mouriño acóchase nunha tea de fíos de prata e, pasados varios días, sairá convertido en algo distinto. "O cabalo de cartón" Un neno quería ter un cabalo e, como os seus país non llo podían mercar, debuxouno nunha caixa de cartón e o cabalo fíxose realidade. O cabalo levouno a un lugar onde todo era de papel. "O boneco con cara de neno negro" A Xildo gústalle facer bonequiños co papel do xornal. Un día viu un retrato dun neno negro, retallouno e o boneco faloulle, e, dende aquela, son os mellores amigos do mundo.


No relato que dá título ao libro entre o narrador e os oíntes crean o conto dunha nena de auga e bágoas de lume que coñece no río un príncipe de lume con bágoas de auga. Namóranse e marchan xuntos para formar unha nube branca de verán.

Alexandre descobre que o "Mando a distancia" do novo televisor "manda" nas persoas. Utilízao no colexio para poñer en pausa ao compañeiro abusón ou apurar as clases coa marcha rápida. Antes de devolvelo, dálle máis cor e brillo á cidade e a xente vólvese máis alegre.

"Mouriño", nacido da voda entre unha fada boa e un trasno, é un verme feo que vive no castiñeiro. Semanas despois, entre o asombro do souto, convértese nunha fermosísima fada boa.

A maior ilusión dun neno era que lle regalasen un cabalo, pero seus pais non lla podían cumprir. Debuxou un nunha caixa, recortouno e "O cabalo de cartón" deu en galopar ata unha terra onde todo era de papel. Tamén unha vaca e os lobos que a querían comer. Salvouna botándolles auga.

Xildo facía bonecos recortando follas do periódico. Un día recortou "O boneco con cara de neno negro", dándolle forma a un retrato do xornal. Levouno para o seu cuarto, onde se fan amigos e conversan a soas.

| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |