Inicio Bibliografía Enlaces
Publicacións
Individuais
Colectivas

O armario novo de Rubén




Título orixinal:

Autor:

Ilustrador:

Ano e lugar da 1ª edición:

Editorial:

Colección:

Lingua de publicación:

Lingua orixinal:

Núm. Páx.:

ISBN:

O armario novo de Rubén

Xabier P. Docampo

Xan López Domínguez

Vigo, 1989

Edicións Xerais de Galicia, S.

Merlín, 13

Galego

Galego

64 p.

978-84-9782-268-8

Resumen:

Neste conxunto de relatos, o "Conto para antes dos contos" presenta un trasno caído dun libro de contos que resulta ser un programa de ordenador con posibles dúbidas para inventar historias e ningunha certeza, para o lector e para o autor.

No que dá título ao libro, Rubén meteuse no seu armario novo empotrado para velo por dentro. Seguindo unha luciña, andou ata un cuarto, onde un neno xogaba só; logo, noutro, outros dous proxectaban xogar a cazador e "leonardo" (¿ou "leopoldo"?). Por eles soubo Rubén da saída.

Crisanto ten que varrer a cociña. Ao rematar, púxose "Dacabalo da vasoira" e sorprendeuse saíndo pola ventá e voando por riba das nubes con moitos nenos galopando nas súas (un deles, na aspiradora). Unha nena experta explicoulle cómo volver á cociña: ceibando a man do rabo da vasoira.

"Xogando ás agachadas" a Marcos, ante o risco de ser atopado, ocorréuselle meterse dentro dunha botella verde. O malo é que non daba saído. O médico deu o remedio: telo tres días a macela sen azucre para que adelgazase e podería saír, como todos os nenos que antes o fixeran.

A Fordián "Chegou un home moi grande" cun saco no lombo. Os rapaces axexárono e viron que pillou o azul do mar e o verde dos campos e levounos no seu saco. Un neno descubriu o seu agocho e Brais, o parvo da vila, foi o único capaz de recuperar as cores.

Á señora Remedios deulle por gardar na casa "Bolsas, milleiros de bolsas" de plástico. Un día, o nordés entroulle nela, xogoulle coas bolsas e ciscounas, como globos, polas rúas. Ao que amainou o vento, deu recuperado as que non estaban nun alto.


A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu. "Dacabalo da vasoira" Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver só tiña que ceiba-la man do rabo da vasoira. "Xogando ás agachadas" Cinco irmáns xogaban ás agachadas e a un deles ocorréuselle meterse dentro dunha botella. Para saír tiña que agardar a estar máis fraco. "Chegou un home moi grande" A Fordián chegou un home moi grande cun saco no lombo. Os nenos do lugar desecobren que leva no saco o azul do mar e o verde dos campos. O Brais, a quen todos trataban de parvo, foi o que recuperou o azul do mar e o verde do campo. "Bolsas, milleiros de bolsas" A señora Remedios vai gardando tódalas bolsas de plástico que lle dan nas tendas. Un día o vento entrou na casa e levoulle tódalas bolsas emporcallando a cidade; de noite, cando amainou o vento, a señora Remedios foi recollendo as bolsas que puido.

| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |