Inicio Bibliografía Enlaces
Publicacións
Individuais
Colectivas

O misterio das badaladas




Título orixinal:

Autor:

Ilustrador:

Ano e lugar da 1ª edición:

Editorial:

Colección:

Lingua de publicación:

Lingua orixinal:

Núm. Páx.:

ISBN:

O misterio das badaladas

Xabier P. Docampo

Ilustracións de Fausto

A Coruña, 1986

Vía Láctea

Textos

Galego

Galego

128 p.

978-84-86531-08-9

Resumen:

Por fin hai reloxo novo en Eiranova. Anda exacto ata as doce da noite, en que dá trece badaladas. Como ao día seguinte tamén o fai, o reloxeiro mira de amañalo pero non lle atopa fallo ningún na maquinaria. Cinco rapaces, encabezados por Cristina, póñense a pescudar o misterio da badalada número trece. Válense dunha serie de pistas que o "culpable" lles vai deixando.

Nun exemplar de "Xente de aquí e de acolá" da biblioteca do colexio atopan unha mensaxe, que logran descifrar na súa referencia ao río. Nel, atopan un labirinto que na solución informa que o autor vai tocar á vista de todos (esa noite é a de San Xoán). Nun arame de enxugar a roupa aparece a terceira mensaxe: un poema non-sense que alude ao xornal local, que sae cada quince días, e ao día seguinte tócalle. Léndoo, reparan no anuncio dun muíño en venda, ao que acoden atopando unha nota con letras inacabadas que os cita para as seis da tarde debaixo do farol.

Esa tarde acaban na casa do xuíz xubilado, que os agarda con refrescos e pasteis. E cóntalles cómo foi argallando o xogo, que, lamentablemente, rematou... Aínda que aquela noite o reloxo deu once badaladas ás doce. Nas cinco mensaxes está a explicación.

| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |