Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


SEPTEMBER 2008


September, 2008
A CASA DA LUZ, O FILME (VII)


Desde a inmobilidade á que me vexo obrigado (na fotografía, que tanto me fai lembrar ao avó Cebolleta de Vázquez,  a única vez na que decidín baixar as escaleiras para tomar un pouco o sol, a experiencia foi suficientemente traballosa como para non repetila), vou continuar a falar da rodaxe e das persoas que a fixeron posíbel.

É unha grave inxustiza esquecer a unha soa persoa das que interveñen neste traballo dada a grande dependencia que o todo ten de cada membro do equipo, e son varios os grupos técnicos dos que aínda non falei: os “eléctricos” (curiosa forma universal de lles chamar!) ao fronte dos que está o moi competente José Luis Torrecilla Gómez  "Torre" (de ascendencia galega por parte dunha súa avoa), home cheo de sabedoría e arte, capaz de saber o que se precisa para iluminar debidamente unha escena cun atender a un pequeno aceno ou a unha palabra besbellada polo director de fotografía. Con el David Melero, José Manuel Rubido Garrote, Manuel Núñez Romaniega e Óscar Pérez Rodríguez.

O xefe de maquinistas Carlos López Alonso, experimentado traballador do medio que olla a miña situación de xubilado con certa esperanza, e o maquinista Óscar Vázquez Sánchez, ambos moi perto da cámara sempre para que se mova con suavidade e xusteza.

Á fronte do equipo de son está Alberto Beade, enxeñeiro de son. Home silencioso que se move sen que se note a súa presenza pero que permanece atento ao máis pequeno ruidiño que poida manchar o que debe ficar rexistrado. Axúdanlle con eficacia o microfonista (que deberá manterse por grandes espazos de tempo nas máis incómodas posturas) Miguel Bretal e o axudante de son Alberto Castro.

A maquillaxe é responsabilidade de Susana Veira e con ela colaboran Carol Varela (con bolboretas no pelo) e, na perrucaría, Erea Pérez.

A responsabilidade no tocante ao vestiario correspondeu aos figurinistas Lola Dapena e Alicia Fernández Dapena, axudadas por María Porto e José Martínez Fernández.

No departamento de Arte, dirixido por Rodrigo Roel, estaba a rexedora, Ester de la Iglesia e os astrecistas Eurico de la Peña e Andrés López "Andy", intelixentes, cheos de recursos profesionais e entrañábeis no afecto.

Condutores (entre eles Santiago Otero Mateo, que levaba o camión de maquillaxe e verstiario), auxiliares e meritorios (que corren e curran) e algún que deixo para máis adiante por razóns de achegamento persoal … un mundo de xente para facer posíbel esta loucura marabillosa que é unha película. Para todos vai a miña admiración e o meu agradecemento.

Na próxima semana comezarei a falarvos dos actores e actrices que deron vida ás personaxes da historia... e algunha cousa d'O Listo.



posted by Xabier, September 03, 2008 6:56 | permalink | General

1 - 1 of 1


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: CANDO XA NON HAI A ONDE IR, VAISE AO RIDÍCULO
February 12, 2016
:: A HISTORIA DO TOURO FERDINANDO
January 31, 2016
:: NA OUTRA BEIRA DAS AUGAS GRANDES
December 01, 2015
:: O CLAN DE GRANDA (II)
March 01, 2015
:: SOMOS NÓS OU NON SOMOS
February 23, 2015






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |