string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" August 2008 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


AUGUST 2008


August, 2008



Ocorreu que un accidente de certa importancia no meu pé dereito, deixoume nunha situación que me impediu a comunicación (seis días de hospital seguidos de dúas semanas de inmobilidade na miña casa de Vilarón, onde non teño internet) por medio deste blog e, consecuentemente, tampouco puiden volver á rodaxe, aínda que dela me chegaron moitas e moi cariñosas mensaxes de ánimo.

Como me chegaron de tantos amigos e amigas que me queren e que así mo manifestaron. Para todas e todos o meu agradecemento agora e o meu cariño sempre.

(Hai un bocadiño que me chamou Carlos Amil para me dicir que na rodaxe acababan de soar as palabras máxicas: PELÍCULA ACABADA!!)

Xa de volta na miña casa capitalina e como persiste a severa orde de  inmobilidade, pouco podo traballar no computador por mor do cansazo que me produce a postura incómoda na que debo permanecer, pero confío en poder regresar a mediados da semana  que vén  á comunicación (se as previsións medicas se van cumprindo). Daquela farei aínda uns cantos posts nos que conte todo canto da película tiña previsto contar, aínda que o faga agora, cando a rodaxe rematou e todos os que nela traballaron, para os que só teño palabras de admiración e cariño, regresan ás súas casas, aínda que con eles vaian todos os recordos d’A Casa da luz.



posted by Xabier, August 30, 2008 11:16 | permalink | Xeral

A CASA DA LUZ, O FILME (V)


Excusatio non petita, sed accusatio non est.

Chegado agosto teño importantes dificultades para traballar internet medium. Na casa onde estou neste tempo non teño conexión (nin a quero). A biblioteca municipal ten dous ordenadores cos que podo conectar por un tempo limitado, pero cando chego están os rapaciños xogando e agardar a que acaben é perder a mañá enteira. Así que só me queda acollerme á caridade do meu amigo e veciño Secundino García Mera que, de moi boa gana, me empresta a súa infraestrutura informática, pero iso non deixa de ser unha molestia por máis que el me diga, sinceramente, que non. Así que limitarei, no que queda de rodaxe, estes post a un por semana.

A rodaxe en Betanzos está a piques de rematar. Fican uns días no Pasatempo e o equipo marcha a Moeche (matria dos ancestros d’O Listo). Alí estarei o xoves.

Estiven o luns pasado vendo como rodaban escenas moi alegres nas que os nenos, Duarte, Pumariño e moita xente cantaban e bailaban pola rúa que abeira a igrexa de Santa María de Azougue, ese lugar no que un día estivo Federico García Lorca. Baixaban felices, dando choutos e palmadas mentres cantaban moi ledos.

O xoves estivemos n’As Torres de Santa Cruz, e alí entre Carlos Amil e Alfonso Parra armaron un plano cenital dunha escaleira que resultou moi bonito. Créame quen isto lea que estou ben farto de ver planos cenitais de escaleiras no cinema; cóntanse por centos os que levo vistos. Pois este é dos mellor feitos que vin. Situaron a cámara de tal xeito que os nenos, ao iren subindo, aparecen e desaparacen pola escaleira, mentres de fondo vemos unha alfombra amarela cun debuxo negro que tira pola nosa ollada e céntraa, de tal xeito que todo sucede arredor dese amarelo… Vemos os rapaces a andar arredor dese punto (e da nosa ollada), aínda que sabemos que o importante é o que van encontrar enriba. En fin, que a min, gustoume moitísimo. Xa me dirán vostedes cando a vexan no cinema.

No tocante ao equipo, hoxe quero falar de Encarna Alonso, a script. Ela é a que fai que todo sexa para ser visto; que cada cousa encaixe despois para facer con ela unha película. Lembra perfectamente que no plano que se fixo no primeiro día de rodaxe os rapaces saíron de cadro pola dereita e no de hoxe, día décimo sexto, terán que entrar pola esquerda para que non pareza que deron volta. Fíxase en todo para que todo cadre. Con razón é unha profesional cun gran prestixio (vexan senón picando no enlace que puxen no seu nome) non só no cinema galego, senón no de fóra de Galicia. Traballa tanto que cansa mirala; vai e vén seguido; aparece e desaparece; ponlle tal seriedade ao que fai que calquera comentario frívolo paréceche unha falta de respecto. Graciñas, Encarna, polo teu traballo e pola túa amizade. (Na foto vémola co director, Carlos Amil, co que ten moi boa relación, xaora).

O Listo andaba por alí, pero vino algo amuado coa presenza ao pé del dunhas luvas de acetato, desas que poñen os profesionais da medicina. Teño que averiguar o motivo da amoladura.



posted by Xabier, August 09, 2008 16:50 | permalink | Xeral

1 - 2 of 2


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: DEZ ANOS QUE SE ESFARELARON EN NADA
September 20, 2014
::
September 11, 2014
:: A ESCADA DE FUME (Conto)
July 15, 2014
::
June 24, 2014
::
June 14, 2014






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |