string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" July 2010 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


JULY 2010


July, 2010
Cortexo cívico-reinvindicativo. Cento vinte e cinco anos con Rosalía


Veño, canso pero feliz, de participar no Cortexo cívico organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega en honra de Rosalía no 125 cabodano do seu pasamento, e en reivindicación de que o Panteón de Galegos Ilustres onde repousan os seus restos, xunto cos doutros que mereceron do pobo galego a honra de seren tidos por ilustres, sexa devolto ao pobo galego, verdadeiro dono dos símbolos da súa identidade nacional.
Quero que chegue o meu agradecemento aos organizadores e organizadoras, na visibilidade de Mercedes, Cesáreo, Ana e Ernesto e na colaboración de cantos lles axudaron a levar a cabo este acto, porque tivo unha organización modélica.
Tamén quero enorgullecerme publicamente dos moitos centos de persoas que participaron nestas máis de cinco horas de cortexo, demostrando que o pobo galego non vai permitir nunca que se faga desprezo dos seus símbolos nacionais e identitarios. Advertindo coa súa presenza e co seu entusiasmo a quen corresponda,  que non vai parar de esixir o respecto que a nosa lingua e o nome e lembranmza dos que nos precederon na defensa de Galicia, merecen.



posted by Xabier, July 15, 2010 18:19 | permalink | Xeral

Unha foto coa súa historia



O Fotógrafo saíu á rúa o 11 de xullo á hora na que a selección española xogaba  a final do Campionato Mundial de Fútbol. Sabía que a cidade estaría deserta e iso era o que andaba a procurar. Aparcou a bicicleta, ben se ve na foto, e... o que sucedeu a continuación contoumo así:

"Un balón chegou aos meus pés cando crucei por esa rúa deserta. Dous nenos xogaban ao fútbol mentres os seus pais debían estar a ver o partido na tele dun bar. Ían na segunda parte, uns minutos antes escoitara os berros da xente por mor, creo,  da parada de Casillas a Robben.

 

Tireilles un par de fotos e pregunteille a un deles:

 

-Como vai  o partido?

-Un, cero.

-Quen gaña?

-Eu.

 

Para estes rapaces só existía o seu partido."



posted by Xabier, July 13, 2010 16:21 | permalink | Xeral

1 - 2 of 2


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A ILLA DE TODAS AS ILLAS. BOOKTRAILER
April 08, 2014
:: VISITA A UN CENTRO ESCOLAR
March 30, 2014
:: ESES LUGARES QUE GARDAN OS SOÑOS DA HUMANIDADE: AS LIBRARÍAS
January 31, 2014
:: DE CARRICANTAS E VAGALUMES
December 09, 2013
:: REMUDA DOS SINAIS DE TRÁFICO
May 23, 2013






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |