string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" June 2016 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


JUNE 2016


June, 2016
VOLVÍN AO MARATÓN DOS CONTOS DE GUADALAJARA (Post bilingüe)


Contar histórias é deitar sombras no lume.

Mia Couto: A confissão da Leoa


Regreso do XXV Maratón de los Cuentos de Guadalajara, coma outras veces, co corazón cheo de emocións, de abraio e de agradecemento. Este evento (aquí aquí tedes noticia certa do acontecido da pluma do amigo Rubén), que acaba de celebrar as súas vodas de prata, é a obra de toda unha cidade que cre (e ten razón) que os contos conteñen todo o saber humano, polo que escoitalos e contalos é participar na cerimonia da sabedoría.




Durante o Maratón, Guadalajara vese transformada na cidade da palabra, pero tamén do aceno, do son que se articula sen se facer palabra e do silencio, porque os contos tamén se fan dese baleiro esencial que pon a alma en situación de escoita.


Fun por primeira vez a Guadalajara hai vinte anos -daquela agasalláronme este rato que simboliza o Maraton e que gardo con moito agarimo- e desde entón volvín non sei cantas veces, e se vou falar de min un pouco é porque creo que o meu paso por esta cidade dos contos exemplifica a pegada que en moitas das persoas que polo mundo contan contos ou reflexionamos sobre do feito de facelo, deixa en nós cada ano. Cheguei unha vez alí para falar do feito de narrar de xeito oral, da importancia da narración. Do que alí vin e escoitei aprendín que estaba equivocado e o verdadeiro centro do acto narrativo

estaba no narrador, no gnarus, o sabedor. Unha vez máis o alí coñecido levoume a reparar no feito de escoitar, no que escoita estaba todo o que a narración oral aportaba á humanidade desde a súa orixe. Novas persoas presentes no Maratón lévanme a dubidar, e arestora ando a voltas coa palabra como a unidade que todo crea, tanto na narración coma no narrador coma no que escoita. A palabra como bosón de Higgs da oralidade, e niso ando. Quen sabe se o próximo ano, se me é posíbel e me convidan, non estarei en Guadalajara para saber, por medio dos moitos sabios que alí se xuntan cada ano, se estou no certo ou teño que seguir a lle dar voltas a ese feito de ir botando sombras no lume do que nos fala Mia Couto na súa novela. Do Maratón sempre se volve transformado e, ouh fortuna, dubidoso e incompleto.


A xente desta cidade do conto, os estudosos de todo o mundo que por alí pasan, os contadores de contos profisionais e os moitos curiosos e interesados no asunto que por alí pasan protagonizan cada ano este fenómeno de celebración da palabra dita e escoitada, mais só é posibel coa entrega desinteresada do Seminario de Literatura Infantil y Juvenil de Guadalajara e de tod@s @s voluntari@s que lles axudan. Esas persoas son os verdadeiros artífices deste milagre. É inxusto (pero imposíbel) non poñer aquí o nome, o rostro e o sorriso de cada un deles e delas, mais sei que se senten incluídos nestas palabras que un día dediquei á persoa que é motor e causa de todo e que todos sabemos quen é, mesmo sen nomeala:


SEÑORA DOS CONTOS


Hai contos azuis

coma ceos

de abril

coma mares

soñados.


Hai contos vermellos

coma o sangue

das venas

coma a ira

dos xustos.


Hai contos tan negros

coma soños

de morte

coma noites

sen soños.


Hai contos, señora

coma a luz

que te aluma

coma o sol

que te quenta

coma a vida

coma ti

unha voz

nas amoras.


Xabier P. DoCampo

Membro do SLIJ (desde o 19 de xullo de 2016) de Guadalajara

 

*** 

 

Contar historias es echar sombras al fuego

Mía Couto: La confesión de la Leona 

     

Regreso del XXV *Maratón de los Cuentos de Guadalajara, como cada año, con el corazón lleno de emociones, de asombro y de agradecimiento. Este evento, que acaba de celebrar sus bodas de plata, es la obra de toda una ciudad que cree (y tiene razón) que los cuentos contienen todo lo saber humano, por lo que escucharlos y contarlos es participar en la ceremonia de la sabiduría. Durante el Maratón, Guadalajara se ve transformada en la ciudad de la palabra, pero también del gesto, del sonido que se articula sin hacerse palabra y del silencio, porque los cuentos también se hacen de ese vacío esencial que pone el alma en situación de escucha.


Fui por primera vez a Guadalajara hace veinte años -momento en el que me agasajaron este ratón que simboliza el Maraton y que guardo con mucho cariño- y desde entonces volví no sé cuantas veces, y si voy a hablar de mí ahora es porque creo que mi paso por esta ciudad de los cuentos ejemplifica la huella que en muchas de las personas que por el mundo cuentan cuentos o reflexionamos sobre del hecho de hacerlo, deja en nosotros cada año. Llegué una vez allí para hablar del hecho de narrar de forma oral, de la importancia de la narración. De lo que allí vi y escuché aprendí que estaba equivocado y el verdadero centro del acto narrativo estaba en el narrador, en el gnarus, el sabedor. Una vez más lo allí conocido me llevó a reparar en el hecho de escuchar, en el que escucha estaba todo lo que la narración oral aportaba a la humanidad desde su origen. Nuevas personas presentes en el Maratón me llevan a dudar, y ahora ando a vueltas con la palabra como la unidad que todo crea, tanto en la narración como en el narrador como en el que escucha. La palabra como bosón de Higgs de la oralidad, y en eso ando. Quién sabe si el próximo año, si me es posible y me invitan, no estaré en Guadalajara para saber, por medio de los muchos sabios que allí se juntan cada año, si estoy en lo cierto o tengo que seguir a darle vueltas a ese acto de ir echando sombras en el fuego del que nos habla Mia Couto en su novela. Del Maratón siempre se vuelve transformado y, oh fortuna, dudoso e incompleto.


La gente de esta ciudad del cuento, los estudiosos de todo el mundo que por allí pasan, los contadores de cuentos profesionales y los muchos curiosos e interesados en el asunto que acuden cada año protagonizan este anual fenómeno de celebración de la palabra dicha y escuchada, mas sólo es posible con la entrega desinteresada del Seminario de Literatura Infantil y Juvenil de Guadalajara y de tod@s @s voluntari@s que les ayudan. Esas personas son los verdaderos artífices este milagro. Es injusto (pero imposible) no poner aquí el nombre, el rostro y la sonrisa de cada uno de ellos y de ellas, mas sé que se sienten incluidos en estas palabras que un día dediqué a la persona que es motor y causa de todo y que todos sabemos quién es incluso sin nombrarla:


SEÑORA DE LOS CUENTOS


Hay cuentos azules

como cielos

de abril

como mares

soñados.


Hay cuentos rojos

como la sangre

de las venas

como la ira

de los justos.


Hay cuentos tan negros

como sueños

de muerte

como noches

sin sueños.


Hay cuentos, señora

como la luz

que te alumbra

como el sol

que te calienta

como la vida

como tú

una voz

entre las moras.


Xabier P. DoCampo

Miembro (desde el 19 de julio de2016) del SLIJ de Guadalajara



posted by Xabier, June 21, 2016 5:56 | permalink | Xeral

TODO ISO XA NON CHE LLES INTERESA


Ía escribir un longo post, pero quedóuseme a cousa nunhas poucas liñas. Ultimamente todo me parece que se pode dicir con menos, e pode ser que así sexa.


Díxome un: todo iso xa non che lles interesa aos rapaces e ás rapazas de hoxe. Non lles gustan eses libros nin eses contos nin esas películas, queren outra cousa. Agora todo vai máis rápido tamén na escola, e tes que lles dar moito en pouco tempo, por tanto todo ha ser máis sinxelo, se queres máis superficial, non cho nego. Déixate de filosofía, xa irán aprendendo a pensar segundo lles vaia facendo falta.


Pois mira, respondinlle, eu non quixen escribir os libros, contar os contos e, nesta última etapa da miña vida, facer o filme que queren ler, que queren escoitar ou que queren ver, senón os libros, os contos e as películas que me parece que deben ler, escoitar e ver. Porque o que queren e o que lles gusta xa o teñen. Ensinar, educar é que che aprendan a amar outras cousas que fóra da escola non tés e permanecían ocultas para ti; cousas que prendan en ti, como dicía Montaigne, un lume, o lume de saber o que nunca che puxeron diante, o que decidiron, sen mais, que non valía e non precisabas, o que está por embaixo do que tanto empeño teñen en que asimiles. E cando eses rapaces teñen ao pé unha persoa que lles axuda e acompaña para descubrir todo iso que estaba agachado, a cacharela que se prende vai medrando e acaba por alumar vidas enteiras. Vidas coma mundos.


Por iso escribo libros infantís, conto contos e fago filmes para estas persoas que están nunha etapa da súa vida na que todo está por saber e todo está por preguntar. E gústanlles? Non o sei, pero penso que lles fan ben e por iso o fago.


Estás anticuado, díxome.


Seguramente tes razón, respondinlle.



posted by Xabier, June 06, 2016 12:14 | permalink | Xeral

1 - 2 of 2


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
MAY 2017
MARCH 2017
JANUARY 2017
NOVEMBER 2016
OCTOBER 2016
JUNE 2016
APRIL 2016
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MAY 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
May 12, 2017
:: Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA
March 05, 2017
:: MIMOSAS un filme de Oliver Laxe
January 06, 2017
:: UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959
November 26, 2016
:: UNHA ÚLTIMA CARTA
November 16, 2016






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |