Onte foi día de festa na illa de San Simón: os Premios Xerais. Alí a amiga Pilar Ponte reñeume porque actualizo pouco este lugar. Prometinlle facelo con algo máis de frecuencia. A ver se dou cumprido. Téñase pois a vontade de facer hoxe un post como inducida pola miña amiga Pilar.
E foi día de escoitar emocionado as fermosas e atinadas palabras de Agustín Fernández Paz, meu irmao. “As nosas vidas comezan a se acabar cando gardamos silencio sobre as cousas que realmente importan”. “A nosa forma de participar na cultura da humanidade é desenvolvendo a cultura galega” “Coma o seixo, coma o pedernal, coma os buxos que asombran aí fóra. Así podemos ser, así teremos que ser nestes tempos difíciles”. Cousas así dixo Agustín no seu aplaudidísmo discurso.
E foi día de felicidade con Rosa Aneiros, o máis f
ermoso e legal sorriso da literatura galega, que gañou o Premio Xerais 2009 con Sol de Inverno e o Fundación Caixa Galicia de Novela Xuvenil con Ás de bolboreta. Pronto teremos o gozo de ler ambas. Da primeira podo asegurar que é unha novela conmovedora. Inverno será unha desas protagonistas que fican apegadas á alma ao coñecelas. Da outra alguén que a coñece aseguroume que era moi boa. As miñas máis grandes benzóns para Rosiña, agora e sempre.
Xerais agasallounos con cadanseu reloxio a todos os asistentes. Se amplían vostedes a foto poderán ler na esfera “en galego
en todo tempo" Va qúe está moi ben o quite. Pois veña, a darlle...

















