string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" May 2017 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


MAY 2017


May, 2017
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS




Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán (pola mañá) a un acto conmemorativo dun escritor que, o máis deles, non leron nin lerán. E acabouse, que é día festivo e os festivos, xa se sabe, son para a familia, o descanso e a praia, se está día. Ah, esquecíame, algúns xornais traerán a primeira plana en galego, non se vaia dicir...

En 2012, e co gallo do Día das Letras Galegas, Lino Braxe e mais eu, chamamos uns amigos e amigas do teatro, da literatura, da música... e montamos aquela cousa de ir recitando poemas e cantando cancións polos bares do centro da Coruña. Chamámoslle Bares e Letras. Foi ben bonito. Non nos sacaron nos xornais nin nos atenderon as institucións, pero quedamos orgullosos de telo feito.

Así que este ano tamén me xuntei con dous amigos, Suso Cambón, dono da libraría do barrio, AZeta, e con DͶL, fotógrafo (cartel, chapas...), e decidimos armar un Día das Letras Galegas que tivese unhas características que nos gustaban: que fose dedicado ás Letras Galegas e que fose do noso barrio, que é o que abrangue A Cubela e o que antes se chamaba A Gaiteira de Abaixo.

Principiamos por procurar un símbolo para a celebración. Cheos de tanta rosa de San Jordi, escollemos a chorima. Hai unha flor máis nosa ca flor do toxo? Ese había ser o elemento que relacionara a libraría do barrio co Día das Letras Galegas. Convertémolo en cartel (que se pode ver xa nos escaparates de todos os colaboradores) e fixemos chapas (que repartiremos até onde cheguen) para que fose ben visíbel para todas as veciñas e veciños. Mesmo pensamos en que deberamos ofrecerllo a quen o quixese usar en toda Galicia, é tan de todos coma as chorimas do monte, collédeo e espalládeo.

Agora había que facer un programa. Como se fai un programa dunha cousa coma esta? Tirando de amigas e amigos que nos ofreceron a súa colaboración. En primeiro lugar os escritores e escritoras de barrio (que somos ben deles e ben bos); despois os músicos e músicas, que dixeron que si sen poñer condicións; tamén botamos man dos colexios que nos quixeron axudar coa participación do alumnado. Os barrios teñen varios centros, coma as superficies das esferas, e son os bares, cafés e tabernas que tamén están nisto... Con todo isto fixemos un programa do Día das Letras Galegas de 2017 que abranguerá o 15, 16, 17 e 18 de maio.

Que nos queda? Convidarvos a virnos ver, a que falemos diso das Letras Galegas na praza, nun bar, na libraría... para irmos facendo país e barrio. Mirade no  programa o que mellor vos cadre, a nosa festa chámase A chorima, a flor das nosas letras.

Ah, se non me vedes na manifestación en Compostela e porque estou nisto, non por falta de ganas de ir.



posted by Xabier, May 12, 2017 16:39 | permalink | Xeral

1 - 1 of 1


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
MAY 2017
MARCH 2017
JANUARY 2017
NOVEMBER 2016
OCTOBER 2016
JUNE 2016
APRIL 2016
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MAY 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
May 12, 2017
:: Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA
March 05, 2017
:: MIMOSAS un filme de Oliver Laxe
January 06, 2017
:: UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959
November 26, 2016
:: UNHA ÚLTIMA CARTA
November 16, 2016






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |