string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" April 2009 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


APRIL 2009


April, 2009
OS GALEGOS DE BOS AIRES


Onte foi o segundo día en Bos Aires. A primeira hora da tarde, no acolledor espazo do Café Tortoni, ese lugar cheo do recordo  persoal, artístico e literario de tantos homes e mulleres que por alí pasaron co propósito de se encontraren para se deixaren habitar pola palabra. Para debater sobre dos camiños da arte, sobre do destino do ser humano, sobre do devir dos tempos ou sobre do azaroso futuro dos múltiples pobos que dera orixe a vida de cada un deles, tocoume a min vivir a emoción de me encontrar con medio cento de galegos e galegas que alí se xuntan cada pouco para encher o seus corazóns, habitados de saudade, da palabra dos bos e xenerosos, de Rosalía, de Curros... Alí estivemos para falar con eles, Víctor Freixanes, MIguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Cobas e máis eu. Só cando se está alí, no medio desas persoas, entendes o profundidade do sentimento da saudade, vendo como se fai sentimento dun ben perdido, que tantas veces, nunca se tivo verdadeiramente. Como te pode habitar, até posuirte e facer da túa vida un inacabábel camiño de regreso guiado por seres que xa só viven aposentados no teu corazón. Que son só unha presa de cinza chea de lembranzas e de pasos interrompidos.
Un  pouco despois tócame vivir o goce de me encontrar con máis dun cento de galegos e galegas que -certamente que así estaba previsto pola 35 Feira do Libro de Bos Aires- coa súa presenza e a forza dos seus corazóns afervoados, converten calquera xornada nun Día de Galicia. Falamos Víctor Freixanes, Mª Rosa Lojo e o asinante deste lugar. Do conmovedor do momento abonda con contar unha mínima anecdota. Cando comeza a falar Víctor Freixanes, un home da primeira fila interrómpeo pedindo que, no nome da prensa arxentina, fale en castelán e inmediatamente é acalado polo unánime apupo dos presentes que manifesta a inequívoca vontade de que o acto continúe a se desenvolver en galego, e fano entre os seus “vós”, “continuá en gallego”, “callate”, etc. Que tomen nota en Galicia os patufos desleigados que comenzan discursos a dicir que falaran en castelán porque no medio dos centos ou miles de ouvintes galegos, hai un que non entende o galego porque é de fóra.Foi un acto cheo de intres emotivos e benzoado polas bágoas de moitos dos presentes. Pero para min aínda houbo a emoción especial de coñecer a Clotilde, a filla de Tacholas. Calquera galego que, como é o meu caso, ame o teatro e coñeza a historia dos seus grandes homes e mulleres, terá que compartir comigo que a lembranza de Tacholas enche o corazón de señardade.
En fin, esta é a crónica do meu segundo día en Bos Aires, un día que xa nunca esquecerei como non poderei arredar da miña lembranza todos estes ollos que estenden a súa mirada por enriba do mar para enxergar, no afastado horizonte, unha luz nacida do resplandor que que acende asaudade.


posted by Xabier, April 26, 2009 9:48 | permalink | Xeral

FEIRA DO LIBRO DE BOS AIRES


A este lugar, a onde viñeron dar por anos e anos os nosos paisanos coa súa maleta de madeira, cheguei hoxe para participar na 35 Feira do Libro de Bos Aires. Están comigo o Xosé Cobas, o mellor ilustrador do mundo e Madame Hache que é a que ordea todo e con moito xeito. Pouco que contar porque só levamos aquí unhas hora e non moiespabilados, pero nos próximos días ire dando razón do meu poaso por este lugar ao que estou vindo por terceira vez na miña vida.
Estiven na presentación do libro de María Teresa Andruetto Hacia una literatura sin adjetivos. Onde se conversou sobre do tema do libro, a categorización como literatura da LIX. Houbo un coloquio interesante do que me quedou un puco a idea de que, tantas veces que falamos do escritor  facémolo dun personaxe máis creado polo propio escritor e daquela iso que chamamos escritor é unha ficción e, con iso, ten un algo de monicreque.
Interesa da escritura máis ca obra?  Debemos abandonar toda tentación de pleitesía ao autor, para que as obras poidan seren lidas como se todas fosen anónimas. Probabelmente por aí daríamos no que escitura ten de lectura e permitiríamos ao escritopr facer o que fai o bon lector: facer  do acto de ler estabelecer co texto unha relación libre e aberta, a que lle permittirá encontrarse nel, saber non o que o libro di, senñon o que o libro di del, do lector.




posted by Xabier, April 24, 2009 19:28 | permalink | Xeral

1 - 2 of 2


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A ILLA DE TODAS AS ILLAS. BOOKTRAILER
April 08, 2014
:: VISITA A UN CENTRO ESCOLAR
March 30, 2014
:: ESES LUGARES QUE GARDAN OS SOÑOS DA HUMANIDADE: AS LIBRARÍAS
January 31, 2014
:: DE CARRICANTAS E VAGALUMES
December 09, 2013
:: REMUDA DOS SINAIS DE TRÁFICO
May 23, 2013






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |