string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" March 2017 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


MARCH 2017


March, 2017
Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA


Veño de ver con gozo o espectáculo Serendipia (por se alguén non sabe o que é a serendipia, o descubrimento da penicilina foino e ben que nos foi con ela) do ilusionista Martín Varela. A min gústame moito todo aquilo nacido para crear en min ilusións: o circo, o cinema, o teatro, a literatura... e, xaora, iso que a modo de antonomasia, se chama ilusionismo, mais tamén maxia, prestidixitación, xogos de mans... a fin de contas deus non é máis que un prestidixitador que creou en nós a ilusión de vivir e de amar, o que non lle quita realidade nin á vida nin ao amor, non sei se a deus, pero o importante é a ilusión.


Pois de aí veño agora mesmo, de ver con gran pracer un espectáculo que puxo diante de min o ilusionista Martín Varela: naipes, adiviñación, panos de cores que desaparecen e volven aparecer, pombas (das brancas, das que atesouran a beleza desa ave), escapismo, en fin, todo canto lle é propio a esta arte, saído a habelencia, da maxia, do encantamento de Martín Varela, un ilusionista moi novo que te admira por todo o que é capaz pero que máis te abraia o moito que chegará a facer.


Pero a isto hai que lle engadir o seu encanto persoal, o seu saber ocupar o escenario, conectar coa platea e unir ambos para crear un espectáculo de gran artista e de enorme beleza que sabe culminar nunha fermosísima nevarada que nos encheu os corazóns da ilusión de vivir o brillo da neve no ar do Teatro Colón da Coruña. E todo o seu espectáculo falado na nosa lingua, amosando o seu orgullo de galego, de ferrolán. Sei que percorrerá na vida moitos escenarios e terá que falar en moitas linguas, pero tamén sei que cada vez que estea entre nós lembraranos que temos unha lingua de noso.


E unha cousa final, o meu  amor polo ilusionismo deixeino escrito nun conto de Nadal que se publicou aló por 2002. Hoxe lembreime del, quero deixalo aquí nunha versión que fixen en 2014 para a radio,  como testemuño da miña admiración por Martín Varela.



posted by Xabier, March 05, 2017 16:34 | permalink | Xeral

1 - 1 of 1


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
MAY 2017
MARCH 2017
JANUARY 2017
NOVEMBER 2016
OCTOBER 2016
JUNE 2016
APRIL 2016
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MAY 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA
March 05, 2017
:: A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
May 12, 2017
:: MIMOSAS un filme de Oliver Laxe
January 06, 2017
:: UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959
November 26, 2016
:: UNHA ÚLTIMA CARTA
November 16, 2016






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |