Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


MARCH 2015


March, 2015
O CLAN DE GRANDA (II)


Onte, 28 de febreiro, volvimos os membros do clan de Granda para repetirmos a xuntanza que iniciaramos o 16 de febreiro do 2013 (sempre arredor do entroido). Non se pouido celebrar o ano pasado por graves razóns de saúde dunha das tías, mais recobramos a cita estoutro día. Fixémolo como é de rigor, en Xermar, solar da nosa estirpe e, como escribir aquí na ocasión aterior: "a parroquia na que se escriben as nosas lembranzas máis afastadas”. A mesma da que en 1935 escribiu Álvaro Cunqueiro:


No monte a herba mollaba os dedos

Meu cabaliño na noite hei medo!

Amencín en Xermar

Non se ve o mar!

A herba estaba no monte mollada

Meu cabaliño é noite cerrada!

Amencín en Xermar

Non se ve o mar!

Pola raia branca meu cabalo ía

Na choiva a herba quedaba perdida!

Amencín en Xermar

Non se ve o mar!

Meu cabalo ía pola raia escura

Na choiva a herba non tiña verdura!

Amencín en Xermar

Non se ve o mar!


Estivemos xuntos "catro xeracións da familia de Granda, que é a nosa, a de aqueles que máis perto ou máis lonxe do nome de pía levamos o apelido Puente, que segundo di o Padre Crespo Pozo no seu Linajes y Blasones de Galicia, «los Puente o bien son gallegos o vinculados en algunas de sus ramas a Galicia» e no noso caso vencellados desde tempos inmemoriais á Terra Chá. No lugar de Ribadainsua desa parroquia de Xermar tivo a familia de Granda desde fins do século XVIII até mediados do XX, parada de bestas, cando estes negocios eran unha concesión real sometida a estritas normas de distancia e control.


Neste espazo de dous anos tivemos dúas baixas, a tía Florentina e a tía Remedios deixáronos, que sexa para elas ben leve a terra. Pero seguen a estar connosco aínda outras catro, para as que non temos máis que cariño e bos desexos.


Estivemos presentes representantes das catro xeracións, eramos sesenta e dous (máis catro miúdos) no xantar dos case cen (95 me saen a min entre sanguíneos e achegados) que formamos o clan.


E segue a valer o que dixen da xuntanza anterior: "En realidade, e esa é a verdade, non hai máis orgullo de clan que aquel que nace do cariño e a el nos acollemos ao celebrarmos esta xuntaza”, vaian como proba desta afirmacion os sorrintes rostros que amosamos na foto, que este ano, por mor da choiva tivemos que facer no interior.



posted by Xabier, March 01, 2015 15:17 | permalink | General

1 - 1 of 1


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: O CLAN DE GRANDA (II)
March 01, 2015
:: CANDO XA NON HAI A ONDE IR, VAISE AO RIDÍCULO
February 12, 2016
:: A HISTORIA DO TOURO FERDINANDO
January 31, 2016
:: NA OUTRA BEIRA DAS AUGAS GRANDES
December 01, 2015
:: SOMOS NÓS OU NON SOMOS
February 23, 2015






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |