Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


FEBRUARY 2015


February, 2015
SOMOS NÓS OU NON SOMOS


SOMOS NÓS OU NON SOMOS


O nacemento de Somos Nós como unha plataforma baixo a figura dunha asociación vese agora pexado pola noticia do seu rexistro como partido político, aínda que algúns dos promotores de Somos Nós máis destacados afirmen que se fixo só co propósito de evitar que a marca fose usurpada para ese ou outros fins non desexábeis. Non teño por que dubidar que así foi, así é e así será.


Non sei cantos dos "abaixo asinantes” no proxecto de Somos Nós desexan que naza un partido máis (nacionalista? galeguista?) no escaso manxadoiro político galego, desde logo eu non. No caso de querer militar nun partido político teño ben claro cal sería a miña elección, pero, polo de agora, non está no meu ánimo a militancia activa. E digo isto porque eu agardo que Somos Nós sexa un lugar común no que poidamos converxer todas aquelas persoas que desexamos e procuramos para Galicia un futuro mellor do que lle ofrece a actual situación: unha dereita disposta a entregar o país, con todo canto contén de xente, cousas e esperanzas en mans alleas que, non direi eu que procuran a súa morte, pero si afirmo que  buscan a destrución do pouco que xa lle queda como nación e reducila a provincia (no sentido romano do termo, mais tamén no sentido que dá lugar á existencia desas anexas institucións que son as deputacións). Alén deles unha esquerda case insignificante e un nacionalismo esfarelado por xenreiras persoais. No medio aparecen agora as propostas "transversais”, para as que Galicia carece de significancia propia, téñeno por un territorio sen alma a quen redimirán reducindo á pura liturxia o que poida ter de "ser diferenciado”, como tan ben dicía Manuel María.


Ninguén pode negar que neste panorama facía falta que aparecese "algo” que propiciase, case obrigase á nación a reflexionar , a reparar por que camiño está a se dirixir ao precipicio, non direi que da súa desaparición, pero tan fondo, tan fondo que tardará xeracións en saír do cavorco. Sairá, doutras peores saíu, pero mellor sería evitar a caída. Ese precipicio moi ben pode estar nas próximas elección xerais se é que delas sae, e é razoábel pensar que si, un parlamento constituínte ou disposto a facer unha fonda revisión da actual Constitución. Que vai ser de Galicia se non conta novo parlamento con ninguén que defenda os seus dereitos como nación en pé de igualdade con Cataluña e Euscadi?


Por iso considerei  e considero necesaria unha plataforma como Somos Nós. Un instrumento non partidario, non dirixido a competencia electoral, que non dirixa o voto, que non poida ser visto como plataforma de lanzamento de ninguén, mais que si poña diante da poboación galega os vimbios cos que se pode facer unha Galicia máis dona de si e, consecuentemente, con máis futuro que o escaso que a actual situación lle ofrece.


Non sei eu como terá que se facer isto, como terá que ser Somos Nós, mais non é un novo partido político, iso está cuberto de sobra e, por moito que se repita que Somos Nós non nace para unir o nacionalismo galego, non estaría  nada mal que iso sucedese. Todo o camiño está por diante e ou somos nós ou non somos.



posted by Xabier, February 23, 2015 14:49 | permalink | General

1 - 1 of 1


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: SOMOS NÓS OU NON SOMOS
February 23, 2015
:: CANDO XA NON HAI A ONDE IR, VAISE AO RIDÍCULO
February 12, 2016
:: A HISTORIA DO TOURO FERDINANDO
January 31, 2016
:: NA OUTRA BEIRA DAS AUGAS GRANDES
December 01, 2015
:: O CLAN DE GRANDA (II)
March 01, 2015






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |