Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


DECEMBER 2011


December, 2011
SE ALGUÉN PASA POR AQUÍ...


...amiga, amigo, que teñas moi boas festas e moi feliz 2012!!


E patria da lingua, sempre!!


posted by Xabier, December 24, 2011 13:58 | permalink | General

CARTA ABERTA AO SEÑOR CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA


Prezado señor Vázquez Abad: Vaia metedura de zoco! As malas compañías e a incompetencia acaban de lle xogar unha mala pasada, señor conselleiro, e vostede picou, non sei se por ignorancia ou por chulería, pero o caso é que meteu o pé nunha poza. E o que conseguiu foi dar unha proba de incompetencia para o seu cargo semellante á do Valedor do Pobo, outro que tal baila. Valeu isto para demostrar unha vez máis que o seu odio á lingua galega faille perder o sentido da prudencia.

Este medio no que escribo só ten sentido cando se aproveitan as posibilidades hipertextuais que dá para que o lector teña toda a información precisa, imos pois aló.

Trátase dun home,  algo teatral el,  que quere borrar a lingua galega da súa vida (el saberá por que), aínda que para iso teña que facelo tamén coa de todos os galegos e galegas. Agora, ademais, representa a un partido político que dirixe unha muller pública no sentido menos pexorativo da expresión. Pois ben, este individuo fixo unha reclamación disparatada diante do Valedor do Pobo l, quen, para non ser menos, deulle a razón. E vostede agora veu a lle poñer o ramo prometendo unha resolución da consellaría que é outro disparate.

Imos ver, Señor Vázquez, vostede coñece o Estatuto de Galicia? Di ou non di no art. 5 punto 1  que a lingua propia de Galicia é o galego? E dí así, sen máis. Xa sei que no punto 2 di máis cousas... e no 3, onde lle recorda a vostede e ao señor Valedor do Pobo que teñen a obriga de protexelo e non de demolelo como están a facer. Dígame (e se non o sabe pregúntello ao señor López González) se todos os libros que citan o artigo 3, punto 1 da Constitución española  deben seren corrixidos por non citaren os puntos 2 e 3? Va que tal cousa non tería pés nin cabeza?

Eu ben sei que a vostede e aos que son coma vostede dóelles que o Estatuto de Galicia diga que a lingua propia de Galicia é o galego e que quixeran borralo. Pois veña, déanlle para adiante e cámbieno, pregúntenlle ao pobo galego se quere renunciar ao seu máis singular e milenario signo de identidade. Pero non o farán, porque o signo distintivo de vostedes é a actuación raposeira dos covardes. Por iso día tras día aproveita para ditar decretos e normas que lle van tirando á lingua propia de Galicia os  minguados dereitos de que gozaba.

Pero é que ademais vostede non ten potestade para mandar corrixir un libro de texto, se alguén considera que nel hai algo puníbel deberá recorrer aos tribunais de xustiza, así que deixe de se espolincar na punta dos pés coma un censor franquista. En realidade, despois disto, o que debera ocorrer era que vostede fose destituído e que o Valedor do Pobo renunciase, pero por se isto non sucede, o que sería ben é que o PSdeG e o BNG, que no seu día apoiaron o nomeamento como valedor do señor López González, tivesen a valentía de facer pública e no Parlamento de Galicia a retirada da confianza que un día lle outorgaron.

Máis nada por esta, señor Conselleiro. Atentamente,
 
Nota.- A fotografía do Sr. Conselleiro de Educación que se inclúe é de Xosé Marra.


posted by Xabier, December 13, 2011 18:24 | permalink | General

1 - 2 of 2


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: CANDO XA NON HAI A ONDE IR, VAISE AO RIDÍCULO
February 12, 2016
:: A HISTORIA DO TOURO FERDINANDO
January 31, 2016
:: NA OUTRA BEIRA DAS AUGAS GRANDES
December 01, 2015
:: O CLAN DE GRANDA (II)
March 01, 2015
:: SOMOS NÓS OU NON SOMOS
February 23, 2015






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |