string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" November 2016 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


NOVEMBER 2016


November, 2016
UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959


Lembro agora aquel día nos primeiros de xaneiro de 1959 no que o Brais nos levou ao Tomás e mais a min á súa casa e alí, na cociña, a través daquela onda curta que chegaba desde os confíns do mundo, escoitamos en Radio Rebelde a celebración da entrada de Fidel na Habana.

Escoitamos aquilo coas explicacións do Brais -el estivera na Habana coma tantos-, era un home de esquerdas represaliado ao acabar a guerra civil, e fixo, coa súa narración superposta á da radio, daquel suceso un acontecemento épico e como tal ficou para sempre na miña memoria.

Por iso cando, case cincuenta anos despois, nesa cidade dos soños da miña infancia, viñeron dous xornalistas noviños para me entrevistar e me dixeron que era para Radio Rebelde. Sentín a emoción e a lembranza do momento no que o Brais,un bon home onde os houbese no mundo, nos mostrou os sons do triunfo da Revolución Cubana.

Agora acaba de morrer Fidel Castro de quen aquel día eu formei unha imaxe de heroe xusticeiro dun filme de aventuras ou do oeste. Desexo de corazón que o mellor da súa obra, que foi moito, non desapareza nunca.


posted by Xabier, November 26, 2016 4:13 | permalink | Xeral

UNHA ÚLTIMA CARTA


Aló polos primeiros anos noventa descubrín un álbum que moito me gustou, titulábase El cartero simpático, era obra da parella inglesa formada por Janet e Allan Ahlberg e contiña as cartas dirixidas a diversos personaxes dos contos clásicos: Os tres osos, A casiña de chocolate, Cincenta... (haberá despois outros dous álbumes -The Jolly Christmas Postman e The Jolly Pocket Postman- que seguen na mesma liña de dirixirse aos protagonistas dos contos tradicionais). Ben, eu gocei moito deste libro e agasalleillo a moitos nenos e nenas de familias amigas. Por outra banda o tema do carteiro é frecuente na literatura, sen ir máis lonxe aí está o de Neruda ou a canción de Georges Moustaki Le facteur.


E agora chega ás miñas mans o álbum premiado no IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados que organiza e publica cada ano a editora galega Kalandraka: Unha última carta da autoría de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, gregos ambos, autor el do texto e ela das ilustracións, e debo confesar que até agora descoñecidos ambos para min, mais non no futuro porque teño intención de coñecer a obra dos dous, tanto a xa publicada como a que vaian publicando.


E isto por que? Pois pola razón simple de que me ofrecen con Unha última carta un álbum memorábel (e non esquezamos que isto quere dicir digno de permanecer na memoria) e un regreso feliz ao tema epistolar.


Do mesmo xeito que ocorría co libro dos Ahlberg, tamén este parte da idea de ofrecer unha porta á lectura partindo da presentación dun atractivo obxecto bibliográfico: o álbum vén dentro dun sobre de correos atado cun cordello coas cores branca e azul dos envíos internacionais que o contén e se nos dá coma unha carta que abrimos para coñecer, coma toda as cartas, unha historia: a que une a quen a envía con quen a recibe. É unha historia simple, todas o son e só se fan grandes cando se converten en literatura. Esa grandeza dáse no último día dun carteiro que se xubila. Sempre temos por épicas as derradeiras cartas, os lectores dos Ahlberg ocorreunos coa temperá morte de Janet e o carteiro de Moustaki tamén morre (e ben novo), neste caso a épica está na xubilación despois de carrexar lixeiras sacas de cartas felices e pesados sobres con noticias penosas. Mais non se trata dun libro triste, senón feliz.


O traballo gráfico de Iris Samartzi a base de collages nos que se insire a figura do carteiro con técnica dunha moi sinxela liña que, ás veces, dá á figura unha transparencia que nos axuda a idenficar os sentimentos do personaxe co entorno. Noutras coa figura rechea superpono a ese propio entorno para singularizalo, acadando así camiños de relación emocional co lector.

É un gran acerto dos autores esa comunidade creativa que funde texto e imaxe nun relato compartido.


Gran fortuna é que de cando en vez cheguen ás nosas mans obras de tan destacada altura, e moito máis cando o fan na nosa lingua. E non esquezan nunca que o álbum ilustrado é un libro para ler xuntos adultos e nenos, para comentalo, relelo, volver ás páxinas anteriores... só así será un froito aproveitábel para a formación do rapaz, na súa educación como cidadán e como persoa lectora e para o estabelecemento da relación que de grande vai ter coa arte en xeral.



posted by Xabier, November 16, 2016 12:34 | permalink | Xeral

1 - 2 of 2


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
MAY 2017
MARCH 2017
JANUARY 2017
NOVEMBER 2016
OCTOBER 2016
JUNE 2016
APRIL 2016
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MAY 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959
November 26, 2016
:: UNHA ÚLTIMA CARTA
November 16, 2016
:: A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
May 12, 2017
:: Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA
March 05, 2017
:: MIMOSAS un filme de Oliver Laxe
January 06, 2017






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |