
Acabo de chegar do Corralón Manchego onde onte, día 20 de novembro, presentamos
Revista Internacional de Arte y Literatura Infantil, na que eu teño algo que ver xunto con outras quince persoas da miña máis grande amizade e compaña.
Foi un acto ben fermoso no que tiven a oportunidade de me encontrar con moitos amigos e amigas dese mundo do libro de LIX da que e na que vivo; é merecente de especial agradecemento que os amigos Martin Pawley, Irene e Xulio (xentes de trato diario coas estrelas e cos libros científicos) adiantasen a súa viaxe para me acompañar nese acto. Benzóns para eles. E benzóns para todos cantos se achegaron onte ás sete da tarde á Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla da Universidade Complutense, á que agradecemos, na persoa da súa directora Marta, o feito de poñer ao noso dispor o seu salón de actos que estaba cheíño de xente.
Esta revista nace dun grande esforzo de traballo e mesmo económico dun grupo de persoas que temos en común o noso interese pola literatura infantil e nomeadamente polo álbum ilustrado. Xenérase nese sentimento e no feito de estarmos convencidos de que, como dicían os gregos da antigüidade, todas as artes son amigas e unhas están xa ben clariñas no número cero de
(literatura, pintura, diseño…) e outras (escultura, arquitectura, fotografía, música, cinema, cómic…) irán aparecendo en sucesivos números.
Como corresponde, convídovos a visitar a páxina web de
onde vos poderedes suscribir e mesmo contratar publicidade, se é o caso, porque isto no se fai do ar.
Longa e larga vida a
e a todos vós.

















