string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" November 2006 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


NOVEMBER 2006


November, 2006
Do que lle pasou a don Pexerto


Hai unhas horas que cheguei de Oviedo. Alí dei onte pola tarde unha conferencia na que pretendín inducir unha reflexión sobre da lectura. Teño que recoñecer que é un tema que acabou por me apaixonar: Para que lemos e para que queremos que os rapaces lean? É certo que dixen o que din que dixen.

Pero ao que ía, son catro horas de guiar para aló onte e catro para acó hoxe. Iso da tempo para lle dar moitas voltas á cabeciña. Por exemplo, para que quero este blog?  Que debo facer con el e nel? Se o que teño que facer é contarvos a historia de don Pexerto que me contou Pepe Estévez hai uns días en Pamplona  ou se lle debo dar outra orientación un pouco máis na liña do que veñen sendo os blogues.

Pensareino un pouco máis. De momento contarei o prometido e deixarei para máis adiante a decisión sobre tan “importante” asunto.

Don Pexerto fora director espiritual do seminario de Lugo e era un home algo místico pero moi boa persoa. Mesmo andaba pola rúa coas mans dereitas e a cabeza inclinada sobre dun ombro, nunha actitude de case oración.

Así baixaba nas horas de antes de amencer o día pola rúa do Bispo Aguirre camiño da adoración nocturna da Catedral, cando viu que pola mesma beirarrúa subía un borracho dando tombos. Don Pexertiño, por mor de non dar con el, foi variando o seu camiño cara ao outro paseo moi de vagariño e o mesmo fixo o bébedo.

Cando o crego observou a manobra, sen alterar a súa figura de home de Deus, regresou ao lugar por onde andaba anteriormente, tentando evitar o que consideraba que había suceder se daba co noctívago de fronte: que lle diría algunha cousa desagradábel. Pero o borracho tamén foi atravesando a rúa até se situar de novo na liña na que camiñaba o padre.

Nova corrección de traxectoria dun e imitación do outro e nestas xa estaban tan perto crego e borracho, que aquel estimou inevitábel o encontro e deixouse ir.

Cando don Pexerto estaba a metro escaso do home enchoupado, este ollouno de fronte e díxolle:

–Ti tamén vas bon. Vas ho...

E agora vou ler Peter Pan e a levita escarlata, que a levei para a viaxe pero só lin unhas poucas páxinas.



posted by Xabier, November 17, 2006 17:29 | permalink | Xeral

"Montado en el frenillo"


A verdade é que a miña intención era contar a historia de don Pexerto e o borracho, que ma contou o amigo Pepe Estévez estoutro día en Pamplona, pero é que xa había que tiña eu ganas de poñer aquí un "youtube" (polo menos mentres non cobren por pillalo) para que se vexa que son un blogueiro como é debido e que manexo o asunto coa soltura dun Brétemas, unha X da Selva de Esmelle, un Martin Pawley ou unha Jaio la Espía... aos que respeto, admiro e visito. Claro que, no meu caso, isto de estar aposentado dá para moito e fuchicando dei con este.



posted by Xabier, November 07, 2006 21:38 | permalink | Xeral

1 - 2 of 2


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A ESCADA DE FUME (Conto)
July 15, 2014
::
June 24, 2014
::
June 14, 2014
:: XUNTANZA MAXISTRAL*
June 11, 2014
:: MESTURA
June 02, 2014






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |