string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" January 2008 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


JANUARY 2008


January, 2008
XANEIRO


Principiei hai uns días un costume que agora vou continuar e dese xeito vou traer aquí outro dos traballos que facemos o ilustrador e pintor Xosé Cobas e máis eu.

Desta vez, e seguindo o bon consello da miña querida e admirada amiga Leonor Combing, vou mostrar o almanaque que nos encargou a Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Para poñelo aquí tiven que arredar imaxe e texto (aínda que entrambas forman unha unidade), porque a reprodución non permitía a lectura con claridade, para iso aconsello facerse cun Calendario das Letras tal e como o editou a Consellaría:

                                            

Aquí vai, pois, este primeiro mes do ano e con el queremos, o meu compañeiro creativo e máis eu, desexar a todos cantos visitan esta casa FELIZ ANO 2008!!

Xaneiro

Empezar un ano é comezar un camiño.

Principiar unha andaina por onde ninguén pisou antes.

Camiñar sen ter marcadas as pegadas doutros pasos, doutros pés.

Coma quen bota a andar pola neve ou pola area mollada dunha longuísima praia.

Cada día unha pegada fonda, ben marcada e imborrábel.

Empezar un ano é entrar nun libro que contén a historia, aínda non escrita, de cada un de nós.

O libro do que nós posuímos as palabras.

É continuar a narración, seguir a contar o conto da vida.

Escribir as palabras aínda non inventadas, as palabras novas que nos nomean e nos chaman.

Adiante. Só é poñer un pé, facer a primeira marca na neve.



posted by Xabier, January 02, 2008 16:53 | permalink | Xeral

1 - 1 of 1


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



::
September 11, 2014
:: A ESCADA DE FUME (Conto)
July 15, 2014
::
June 24, 2014
::
June 14, 2014
:: XUNTANZA MAXISTRAL*
June 11, 2014






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |