string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" DEZ ANOS QUE SE ESFARELARON EN NADA « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


September, 2014
DEZ ANOS QUE SE ESFARELARON EN NADA


Este domingo, 21 de setembro,  cúmprense dez anos daquel día no que o Parlamento de Galicia aprobaba por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Cando rematou a votación os parlamentarios, comezando polo Presidente da Xunta, Manuel Fraga e seguindo polo vicepresidente, Alberto Núñez Feijoo, aplaudiron aquela decisión que acababan de tomar. Cos seus aplausos facían manifestación pública do que se comprometían diante do pobo galego:


·         Garantirlle a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da lei e das institucións.

·         Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, priorizando a súa presenza en sectores estratéxicos.

·         Introducir na sociedade a oferta positiva de atender o cidadán ou cliente en galego como norma de cortesía dun novo espírito de convivencia lingüística.

·         Promover a visión afable, moderna e útil da lingua galega que esfarele prexuízos, reforce a súa estima e aumente a súa demanda.

·         Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna.


Así o vimos e así o quixemos crer, por este camiño e con este instrumento legal, poderíamos pensar que nun futuro non moi afastado daquel día, poñamos que hoxe, habería unha situación na que en Galicia falar galego fose o normal e común; que os carteis e letreiros estarían en galego con frecuencia e normalidade, tanto nas institucións públicos coma nas privadas; que na notaría, no banco, no hospital, na comisaría de policía ou no cuartel da garda civil... serías atendido en galego e daríanche os documentos na lingua propia de Galicia; que teriamos un organismo público, aquel degoirado Instituto Rosalía de Castro, que espallase polo mundo a honra e a ledicia da nosa lingua... E tantas outras cousas que é normal que, nun país normal, sucedan na lingua propia dese país.

Pero non foi así, hoxe as ilusións que depositamos no PXNLG, o crédito que lles demos aos políticos que o aprobaron no Parlamento foi deitado ao lixo do esquecemento. Dez anos despois conseguiron que o PXNLG desaparecese, como se nunca tivese existido e no canto de vermos avances na normalización lingüística o que se nos presentou foi un proceso de demolición do cativo edificio que tiñamos construído.

É pois tempo de loita, de esixencia de que o que un día se aprobou porque se considerou bo para a lingua e para Galicia sexa posto en práctica, porque non hai ningunha desculpa válida para non facelo, non é admisíbel que se dea por inútil algo que non se chegou a probar e que costou esforzos, traballo, tempo e múltiples negociacións para consensualo. E esiximos que se retome este importante documento, este vital plan, porque é algo que non se pode levar adiante sen o pulo, os medios e a vontade do goberno e da sociedade informada e formada con honradez e xustiza, Á fin, non se trata de nada máis normal que levar adiante algo que contribuirá a sermos o que somos, galegos e galegas.



posted by Xabier, September 20, 2014 5:03 | permalink | Xeral

1 - 1 of 1


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
MAY 2017
MARCH 2017
JANUARY 2017
NOVEMBER 2016
OCTOBER 2016
JUNE 2016
APRIL 2016
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MAY 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
May 12, 2017
:: Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA
March 05, 2017
:: MIMOSAS un filme de Oliver Laxe
January 06, 2017
:: UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959
November 26, 2016
:: UNHA ÚLTIMA CARTA
November 16, 2016






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |